A Deputación contrata o deseño dunha APP con 1.000 puntos turísticos e un roteiro interactivo en Lugo

O Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno a contratación do deseño dunha APP para dispositivos móbiles que arranca con 1.000 puntos turísticos e un roteiro interactivo. Trátase dunha iniciativa na que o Goberno Provincial leva traballando dende hai tempo e que consiste no deseño e posta en funcionamento dunha APP, que se poderá descargar dende todos os tipo de dispositivos electrónicos e que ofrecerá información turística. O roteiro interactivo farase primeiro na cidade de Lugo pero preténdese ampliar a outros lugares da provincia.

Son un total de 142.000 euros os que se destinan á creación desta APP, que comezará a funcionar con 1.000 puntos de intereses de toda a provincia e un roteiro intelixente sobre o casco histórico da cidade de Lugo, que incluirá 12 puntos de información. A empresa adxudicataria terá agora que ofrecer varias propostas con todos os detalles. É dicir, cales van a ser exactamente estes primeiros 1.000 puntos de interese turístico da provincia ou o deseño exacto da ruta en Lugo, entre outras moitas cuestións.

Este proxecto inclúe ademais a instalación de 200 novos paneis informativos ou sinais sobre os recursos turísticos, patrimoniais, gastronómicos ou culturais do casco histórico de Lugo. Tamén máis de 150 indicadores peonís para os visitantes.   

Para o funcionamento desta APP, colocaranse unha ducia de tótems, que ofrecerán sinal bluetooth para realizar a ruta. Cada vez que un usuario pase con diante deste tótems, recibirá información auditiva sobre o recurso turístico que está a ver.

Isto é un proxecto máis amplo pero que arrancamos na cidade de Lugo. Cómpre lembrar que a Deputación xa colaborou coa Mancomunidade da Mariña na elaboración dun proxecto semellante, que fixo posible audioguías sobre os cascos históricos de Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo.

O Goberno Provincial tamén aprobou na Xunta de Goberno adxudicar obras de mellora de case 5 quilómetros de 2 estradas provinciais, que discorren por Baleira e Riotorto, con 220.000 euros. En Baleira rehabilitarase o firme dun treito de 3 quilómetros da LU-P-0403 con 111.380 euros. E en Riotorto, un treito de 1,9 da LU-P-2801 con 108.268 euros.

 

Etiquetas