Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira preparase para o VIII Concurso de Tapas

Por 28 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello de Meira celebrará do 30 de maio ao 2 de xuño unha nova edición o Concurso de Tapas que chega á súa oitava edición e no que participarán un total de 12 establecementos hostaleiros.

O prezo da tapa será de 2 euros e estas poden consumirse a partir das 20.00 horas nos establecementos participantes que son Boavista, O Muíño, Chispas, Cazoleiro, Arguiñano, A Flor, O Recuncho, Xeira, Centro, O Pozo, Catalán e Nova Pizza.

As normas de participación neste concurso seguirán sendo as mesmas que en edicións anteriores. O público poderá votar as tres mellores tapas e deberá ter selados polo menos 6 establecementos para optar aos premios que dispón a organiazación.

Para o clientes haberá tres premios consistentes en cheques de compra por valor de 300, 210 e 90 euros cada un.