Os premios do Certame de Microrrelatos de Vilalba xa teñen premiados

Os premios do Certame de Microrrelatos organizado polo Concello de Vilalba en colaboración con Culturalia GZ, con motivo da celebración do Día do Libro 2019, xa teñen premiados.

O xurado, que estivo formado, por Armando Requeixo, escritor e crítico literario; Mercedes Queixas Zas, profesora, escritora e secretaria xeral da AELG; Ánxela Gracián, escritora e tradutora; Martiño Maseda, poeta e administrador de Culturalia GZ (con voz e sen voto);e Patricia Teijeiro, concelleira de Educación e Participación Cidadá (con voz e sen voto).

Na categoría infantil o primeiro premio foi para Nerea Villar Ferreiro polo microrrelato A historia da Pravia; o segundo foi para África Montenegro Feal por O paraugas máxico; e o terceiro foi para María Otero Díaz polo Un ancián feliz.

En xuvenil os gañadores foron Mariña Maceiras Segovia polo microrrelato Perspectiva, Nee Barros Fernández por Relax- acción e Sandra Rodríguez Macía por  A pantasma.

Xa en adultos o primeiro premio foi para Patricia Torrado Queiruga polo microrrelato Da estirpe ágrafa, o segundo foi para Raquel Fernández Fernández por Silencio, e o terceiro para Beatriz López Dorado por Polo recheo ao forno.

A entrega de premios será o venres día 10 de maio de 2019 ás 20: 00 horas na Casa da Cultura de Vilalba.

Etiquetas