Guitiriz conmemora a Antón Fraguas con música e teatro

O Concello de Guitiriz ten preparado un programa cultural para festexar o Día das Letras Galegas. Trátase dunha programación dirixida a todos os públicos con entrada de balde.

A primeira das actuacións será este sábado 18 de maio, ás 18.30 horas, co concerto de Emilio Rúa, Memoria Iluminada, na Casa Habanera.

Ao día seguinte, domingo, será a vez do concerto de Abraham Cupeiro co espectáculo Resoando o Pasado, que terá lugar en San Alberte, ás 17.00 horas.

Finalmente, o luns 2o de maio terá lugar o espectáculo Canta Miña Pedra, canta, de Xoan Curiel e Charo Pita.
Destinado ao publico familiar  recoméndase para nenos de entre 6 e 12 anos. É un espectáculo musical con elementos teatrais e de participación activa.

Xoán Curiel pon música a algunhas das cantigas recollidadas por Antonio Fraguas, autor homenaxeado coas Letras Galegas 2019, en Aportacións a Cotobade. Xoán Curiel comparte escenario con Charo Pita , que entre canción e canción , achegaralle a rapazada unha mostra de contos populares galegos.

Etiquetas