Pardiñas recibe o premio Martín Códax na categoría de festivais

O Festival de Pardiñas resultou gañador este mércores do galardón Organistrum na categoría de Festivais no marco dos Premios Martín Códax, promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo (MAV).

A organización destacou os 40 anos de traxectoria do festival impulsado pola Asociación Xermolos de Guitiriz.

Na gala celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra entregáronse ata 19 galardóns nas distintas categorías:

  • POP/INDIE: Igloo
  • ROCK: Bala
  • METAL: Nao
  • JAZZ/MÚSICAS IMPROVISADAS: Xosé Miguélez – ONTOLOGY
  • MÚSICAS URBANAS: Wöyza
  • CLÁSICA/CONTEMPORÁNEA: Adrián Saavedra
  • MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE: Tanxugueiras
  • MÚSICAS DO MUNDO: Marcos Teira – NÓS
  • MÚSICA INFANTIL: Xoán Curiel e A Banda do Verán – A CASA DO TERROR
  • MÚSICA ELECTRÓNICA: Baiuca
  • REGGAE/SKA/MESTIZAXE: Banda Crebinsky
  • ORQUESTRAS/GRUPOS/MÚSICA DE VERBENA: Orquestra Los Satélites
  • BLUES/FUNK/SOUL: Carmen Rey
  • CANCIÓN DE AUTOR/A: Su Garrido Pombo
  • COROS E GRUPOS VOCAIS: Ejazz
  • ORGANISTRUM FESTIVAIS: Festival de Pardiñas
  • ORGANISTRUM SALAS: El Contrabajo Club
  • ORGANISTRUM ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL: Diario Cultural
  • PREMIO HONORÍFICO MÚSICAS AO VIVO 2019: Carlos Barruso

Outro ano máis, Pardiñas celebrará a súa XL edición os días 3, 4 e 5 de agosto. É un dos festivais máis esperados do verán, ademais de ser unha boa oportunidade para gozar das actuacións de recoñecidos grupos.

Ao longo dos tres días, todos os asistentes poderán gozar coa boa música e o bo ambiente. Este evento,  organizado pola asociación Xermolos, cumpre as catro décadas ininterrompidas de propostas culturais, e se todo é como todos os anos, espéranse preto de 30.000 personas.

O Festival de Pardiñas, situado na zona do antigo balneario, é o evento máis lonxevo de Galicia. Conta coa entrega de premios do certame de debuxo escolar, unha mostra de artesanía e unha carreira popular que están presentes desde a súa primeira edición.

Etiquetas