Skip to main content
Actualidade

A ITV agrícola desprázase estas dúas semanas a Castro Ribeiras de Lea

Por 22 Maio, 2019Sin comentarios

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará dende hoxe ata o 31 de maio no Concello de Castro de Rei, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 de luns a xoves mentres que o venres só atenderá pola mañá. A devandita unidade estará situada os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 no Mercado Gandeiro de Castro Ribeiras de Lea.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.