Skip to main content
A PastorizaActualidade

Abre o prazo de reserva de praza no PAI da Pastoriza

Por 22 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello da Pastoriza abriu o prazo de presentación de solicitudes de de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia, que se manterá aberto ata o 31 de maio. Nesta primeira quenda atenderanse unicamente as reservas de praza para os pequenos que xa están no centro deixando para despois desta data o prazo de solicitude para alumnado novo.

Os interesados en renovar a praza deben presentar o modelo de solicitude que facilita o Concello e entregalo no Rexistro antes do 30 de maio xunto a unha declaración xurada de non modificación da situación económica, laboral e familiar dos membros da unidade familiar ou da documentación que acredite dito cambio.