O Santo celebra as súas patronais

A localidade de O Santo, en Árbol, Vilalba, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a Santo Estebo.

Os actos darán comezo o día 25 coa misa e a procesión, ás 13.30 horas, seguido dun pasarrúas coa asocicación cultural Fiadeira. A continuación haberá sesión vermú e verbena coas orquestras Marbella e Trébol.

O domingo 26 seguirán os actos festivos de novo ás 13.30 horas, coa misa solemne e a procesión. O pasarrúas estará a cargo do grupo Cerna de Árbol, da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol-San Lorenzo.

A sesión vermú e a verbena estará a cargo da orquestra Palladium.

Etiquetas