Skip to main content
A PastorizaActualidade

Acondicionados 1,5 quilómetros dunha vía da parroquia de Álvare, na Pastoriza

Por 28 Maio, 2019Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou un convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello da Pastoriza, por valor de 89.206 euros. A través deste convenio acondicionarase un camiño municipal na Parroquia de Álvare. As obras que se realizarán consistirán na mellora do firme con aglomerado en quente, incremento da seguridade co repintado e instalación horizontal e vertical en 1,5 quilómetros.

A mellora desta camiño municipal supón unha importante labor posto que está vía atópase en malas condicións debido ao tránsito moi continuado de camións. Ademais, esta vía comunica a parte oriental do Concello da Pastoriza coa estrada que vai de Lugo a Vegadeo, así como co Concello de Riotorto. Coa realización desta obra beneficiaranse os máis de 40 veciños desta parroquia.