Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba celebrará de novo o Ciclo de Música na Praza durante o verán

Por 30 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba celebrará de novo este verán o Ciclo de Música na Praza para dinamizar os catro principais lugares de reunión da vila durante xuño, xullo e agosto.

Esta iniciativa, que tivo un gran éxito nas pasadas edicións, extenderase durante todas as fins de semana de xuño, xullo e agosto con concertos venres, sábados e domingos.

Así, os venres os concertos serán as 20:30 horas, os sábados, as sesións musicais comezarán ás 22:00 horas e os domingos, só haberá actuación un ao mes, e comezarán ás 1:.00 horas na praza da Constitución, onde actuarán as bandas de música con temas propios da sesión vermú.

A organización programou para esta ocasión maís de 20 actuacións musicais, repartidas entre as prazas de Santa María, Constitución, Coronel Pena e San Xoan, nas que haberá unha boa presenza de grupos e músicos formados en Vilalba e lugares da Terra Chá.

En caso de choiva ou mal tempo, as actuacións dos venres e sábados transladaranse ao Centro Cultural Recreativo e as do domingo ao Auditorio.