Abre o prazo de inscrición para os campamentos de verán das Pontes

O Concello das Pontes abriu o prazo de matrícula para as XXXI Acampadas na Natureza Vilarbó 2019.

As acampadas intermunicipais na natureza teñen como eixo fundamental o medio ambiente e o contacto dos máis novos con ela, por iso se desenvolven na área natural de Vilarbó, en plenas fragas do Eume. Gozar dun medio e unha paisaxe tranquilas onde os rapaces e rapazas poden desenvolver as súas actividades.

A recollida e entrega de inscricións pode facerse no Polideportivo Municipal, ata o 29 de xuño aínda que o prazo de matrícula pode rematar antes si se cubren as prazas, que son limitadas.

Haberá dous tipos de campamentos, o multiaventura, que se desenvolverá do 5 ao 17 de xullo e o Robinson, entre o 19 e o 26 de xullo.

Etiquetas