A Deputación reforza con 160.000 euros o labor dos clubs deportivos profesionais e de base da provincia

O presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, mantivo un encontro con representantes de distintas asociacións deportivas da provincia, no que informou dunha nova achega ao tecido deportivo lucense de máis de 160.000 euros. “O deporte é un eixo central na nosa concepción da provincia, apoiamos desde os equipos profesionais que participan en ligas de primeiro nivel, ata o deporte base e como forma de lecer. Somos un garante na continuidade do deporte lucense”, explicou.

Estas axudas, dirixidas a 11 asociacións de toda a provincia, destínanse a sufragar gastos de tempada, nun total de 6 modalidades, ademais de dúas axudas para a organización de probas deportivas como son o Raid Gallaecia, que se celebrou o pasado mes de maio polos concellos da Mariña, e o curso de Monitor de Tiro con Arco do Club Castelarco.

Campos Conde tamén remarcou a importancia “do deporte feminino como xeito de potenciar a igualdade real, por iso mantemos unha colaboración coa sección feminina do Burela FS, un club que reflicte o bo facer neste ámbito creando referentes femininos no deporte, grazas aos seus logros”.

As novas axudas que o Executivo Provincial vén de asinar irán destinadas a:

Galorient Sport: 10.500 euros, para a realización do Raid Gallaecia.

Club de Tiro Castelarco: 950 euros, para a realización do curso de Monitor de Tiro con Arco no ámbito autonómico.

Club Estudiantes de Lugo (baloncesto): 55.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.

Club de Natación Portamiñá: 14.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.

Club de Birlos O Cadaval: 5.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.

Club Fluvial de Lugo: 15.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019 nas modalidades de tenis, natación, atletismo, orientación e piragüismo.

Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial: 18.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.

Club Baloncesto Sarria: 12.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.

Club Burela Fútbol Sala: 12.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019 da sección feminina.

Club Ribeira Fútbol Sala: 4.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.

Club de Piragüismo Cidade de Lugo 15.000 euros, para gastos da tempada 2018/2019.

Etiquetas