Skip to main content
AbadínActualidade

Pechouse administrativamente outra concentración parcelaria en Abadín

Por 5 Xuño, 2019Sin comentarios

Pechouse administrativamente outra concentración parcelaria no concello de Abadín. O director xeral de Desenvolvemento Rural asinou o acordo desta reorganización territorial. Isto implica que os novos predios, dos que xa viñan facendo uso os titulares, son definitivos de cara á entrega de títulos, que será o seguinte e último paso.

Esta reorganización do territorio iniciouse con 2.506 parcelas de 248 propietarios. Agora o número de predios reduciuse a 550, co que a superficie media de cada un pasou de 2.618 metros cadrados a 11.174 metros cadrados. Este aumento na súa dimensión permite facer as leiras máis operativas e competitivas para poñelas a producir.

En total, este proceso afectou unha superficie de 656 hectáreas e nel investíronse máis de 1,8 millóns de euros, a maior parte nas obras de construción da nova rede de camiños e no acondicionamento de parcelas.