Este sábado terá lugar a ruta cabalar de Abadín

A asociación de Cabaleiros de Labrada celebrará o 8 de xuño unha nova edición da súa Ruta Cabalar ao San Antonio, en concreto  número VIII, que dará comezo ás 10.00 horas con saída do Campo da festa de San Antonio de Labrada.

Como colofón da ruta celebrarase un xantar no campo da festa servico por Hermanos Debasa deixando paso pola tarde a unha sesión musical a cargo dun dúo musical.

Como en edicións anteriores haberá sorteos e agasallos para os participantes.

A asociación lembra que para acudir ao xantar non é necesario ir a cabalo pero si hai que anotarse antes do día 4 de xuño nos teléfonos 650 171 426 e 699 024 637.

A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.

Etiquetas