Skip to main content
Uncategorized @gl

O domingo 16 de xuño, disputarase o Ironman Northwest Triman nas Pontes

Por 7 Xuño, 2019Sin comentarios

O domingo 16 de xuño, disputarase o Ironman Northwest Triman nas Pontes, a sexta edición do único triatlón distancia Ironman de Galicia, e un triatlón de media distancia.

Farase entrega do dorsal, a bolsa do corredor, e do chip o sábado de 15:00 a 21:30 horas.

O domingo 16, ás 7:05 todos os triatletas de ambas distancias deberán estar na cámara de chamadas, é dicir diante da súa bici. Ás 7:10 todos xuntos irán á praia separando aos de MD que estarán diante e aos de LD que estarán detrás separados por unha cinta.

Ás 7:15 darase a saída de MD. E ás 7:17 os de LD poderán quentar un pouco mais no Lago ata as 7:25 que os de LD na zona acotada na praia. E darase a saída ás 7:30 horas.

Todos os participantes recibirán bolsa do corredor, con diferentes agasallos e, si son Fi-nishers, medalla en meta. En ambas distancias haberá trofeo para os 3 primeiros masculinos e femininos Absolutos, Sub 23 e Veterano 1 e 2 e 3. Ademais de premio ao primeiro Pontés e Pontesa, e ao equipo ganador maisculino e feminino, tamén haberá premios económicos.

As inscricións aínda están abertas e teñen un prezo de 240 para LD e 150 para MD.