O Urban Witiricus de Guitiriz comezará o sábado

Guitiriz volverá a acoller a arte urbana durante unha xornada enteira. O seu festival Urban Witiricus será o sábado 8 de xuño.

A xuventude de Guitiriz, da man da Asociación Cultural Xermolos e en colaboración con algúns establecementos comerciais e hostaleiros da vila, organiza esta segunda edición adicado á cultura urbana.

Dende pola maña, e durante todo o día habera unha exhibición de graffiti da man de Otro Prisma (Lugo) e mais artistas invitados. A partires das 17:30 daran comezo os distintos obradoiros totalmente gratuitos de algunhas das disciplinas dentro da cultura urbana, comezando a hora mencionada con un obradoiro e a vez exhibición de parkour a cargo de Alexander Belilla.
A continuación, sobre as 18:30, B boy Kawa fara o propio dentro do seu xenero, o breakdance, poñendo a bailar os mais pequenos, e non tan pequenos. Logo diso sobre as 19:30 tera o seu espazo o Beatbox, da man de Dorke, mostrandonos tamen alguns dos seus trucos. Xa logo deso deixaremos un descanso para que a xente poida dar un paseo polo pobo e poida desfrutar da cea en calquera dos locais de Guitiriz e asi coller forza para os concertos que daran comenzo  as 22:00 da man de Kaos aka killgrave dende Ferrol, Ceks que chega dende Xixón. Kali aka la negra que repite nesta II edición vira dende Lugo. Sabino sera o noso artista local que fara un concerto no que tamen incluira o freestyle ( rap improvisado) e xa para rematar cos concertos chega dende Vilagarcia de Arousa o grupo Brand de la squad.
Habera acampada libre e poderase acceder a todo de xeito gratuito

Etiquetas