Máis de 100 ciclistas participaron nas primeiras xuntanzas de Biciclistas Galegos

Máis de 100 ciclistas participaron nas primeiras xuntanzas de iniciación organizadas por biciclistas galegos. As xornadas levaronse a cabo entre os meses de marzo a xuño e constaron de 5 actividades nas que se realizou un achegamento práctico á bicicleta de montaña da man de monitores especializados. A demanda superou as expectativas da entidade ao encher as prazas de cada convocatoria moi rápidamente. A empresa Lactalis apoiou esta iniciativa facendo que o custe desta proposta realizada por primeira vez en Vilalba, fose simbólico para os participantes.

Estas actividades forman parte das máis de 17 actividades que Biciclistas Galegos leva a cabo no  2019. A vindeirra celebrarase en Mondoñedo o 22 de xuño e posteriormente, xa en xullo, tratarán de recuperar a exitosa Ruta solidaria en familia.

Etiquetas