Vilalba aínda ten aberto o prazo para as inscricións na Semana do Deporte 3×3

O Espazo Xove de Vilalba ten aberto o prazo de inscrición para participar nos Torneos de Fútbol e Baloncesto 3×3 e do V Torneo de Tenis de Mesa, que se celebrarán os vindeiros días 18,19,20 e 21 de xuño na praza da Constitución.

As categorías para participar en Fútbol e Tenis de Mesa son benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. As categorías para participar en Baloncesto son de 9 a 14 anos, de 15 a 17 anos e de 18 a 39 anos.

Logo de rematar a competición procederase á entrega de Trofeos aos equipos gañadores de Fútbol, Baloncesto, Tenis de Mesa e Xadrez. Tódolos interesados en participar nestes torneos , xa poden pasar a inscribirse.

Máis información e inscrición para estas actividades, en horario de tarde no Espazo Xove e, no teléfono 982 82 83 40.

Etiquetas