Muimenta celebrará as súas festas patronais do 5 ao 7 de xullo

A localidade de Muimenta segue inmersa na preparación das súas festas patronais, que se celeberarán na honra de San Cristóbal e Santa Mariña a fin de semana do 5 ao 7 de xullo, coincidindo sempre a primeira fin de semana deste mes.

Oo día 5 estará o grupo Arizona en sesión verbena e estarán acaompañados polo grupo Suavecito.

O día 6 a comisión ten prevista a actuación da orquestra Españoles e o grupo Cañón en dobre sesión vermú e verbena. Así mesmo, no último día, a orquestra Stereo despedirá a celebración ata o próximo ano tamén en dobre sesión.

Dentro da programación das festas haberá os tradicionais oficios relixiosos, nas mañás da fin de semana que concluirán coa bendición dos automóviles na mañá do domingo.

Etiquetas