Novas medallas para os Sub 10 e Sub 12 do Club Atletismo de Friol

Un total de 9 atletas frilenses particiapron en Lugo no Campionato Galego sub 10 e sub 12, logrando un pódium neste evento de rango autonómico.

A gran protagonista da xornada foi Alba Menán, que conseguía a segunda posición na proba dos 1.000 metros marcha na categoría sub 10 e, polo tanto conquistaba a medalla de prata.

Outro que quedaba moi cerca dos postos de cabeza foi Lucas Castiñeira, que finalizaba na cuarta posición na proba dos 2.000 metros marcha dentro da categoría sub 12. Tamén o seu compañeiro Mateo Sánchez quedaba cerca dos postos de pódium na proba do salto de altura, xa que finalizaba na quinta posición, mentres que na proba da marcha finalizaba na sétima posición.

Noa Mouriz remataba no sexto posto na proba de salto de altura cun mellor salto de 1.16 metros, mentres que na proba de marcha era novena. Aldara Ceide finalizaba no oitavo lugar nos 2.000 metros marcha e Ramón Loureiro entraba noveno na mesma proba dentro da categoría sub 12.

Oihane Gómez tamén se facía co 12º posto na proba dos 2.000 metros marcha alevín e Mateo Sánchez finalizaba no décimo cuarto posto nos 1.000 metros lisos masculinos da categoría sub 12. Por último, Rebeca Vázquez tamén lograba o décimo cuarto lugar na disciplina dos 1.000 metros lisos da categoría sub 10.

Etiquetas