Información sobre os cortes de tráfico no Ironman Northwest Triman 2019

O domingo 16 de xuño, disputarase o Ironman Northwest Triman nas Pontes. Por ese motivo levaranse a cabo modificacións na circulación no centro urbano como a prohibición de circular e estacionar dende as 7:00 horas da mañá ata as 17 horas da tarde na praza Hospital, na avenida de Lugo, na rúa Punto Limpo, no cemiterio, en Xosé María Penabad López (rúa dos institutos), na úa da Casilla, na avenida das Veigas, na rúa Rego do Muiño e na avenida de Galicia.

Tamén estarán pechadas ao trafico as estradas AC101 ( As Pontes-Ortigueira) dende o Lago ata o Cruce do Brixeo (Pk nº 2), a AC105 (Glorieta Casilla-Glorieta Vilavella), a AC-861 (PK nº 27.5 (Glorieta Vilabella) ata Pk nº 29 Glorieta da Autovía) e dende o Pk nº 26 (antigo tanatorio) ata o Pk nº 6 (Santaballa-Vilalba). E a DP-7004 (estrada encoro da Ribeira, dende Avda. da Habana ata cruce Vilarnovo).

Os usuarios que desexen entrar ou saír da vila, deberán facelo pola avenida da Habana, rúa Presa de Alende e Rúa da Balsa (antigo tanatorio) e Autovía AG-64 na intersección do Polígono dos Airíos.

Os veciños de Ribadeume deberán acceder pola Glorieta de Penaporreira.

Queremos solicitarlle a súa colaboración e comprensión, así como pedirlles desculpas polas molestias que poida causarlles a organización do evento.

Etiquetas