Os veciños de Corbelle organizan a súa tradicional sardiñada

Os veciños da parroquia vilalbesa de Corbelle celebran este sábado a súa tradicional sardiñada na que poden participar todos os veciños que o desexen. Esta cea popular está organizada pola asciación de veciños e a participación na mesma é gratis para os asociados e un acompañante mentres que os non socios deberán abonar 20 euros.

A sardiñada terá lugar o 15 de xuño na Casa Escola de Corbelle a partir das 21.00 horas.

O menú consistirá en entrantes (fiambre, empanada e ensaladilla), paella de marisco, dardiñas, carne ao caldeiro e postres, ademais de auga, viño, refrescos, café e chupito.

A sesión estará amenizada por unha actuación musical e hai un aforo limitado de 200 persoas. Os interesados poden anotarse no café bar Remosende (669 303 825), no Barrio (628 278 827) e na panadería Martiñán (982 510 251).