O Concello de Xermade clausura as escolas deportivas cunha olimpíada

Os participantes nas escolas deportivas de Xermade participarán este sábado, 15 de xuño, nunha olimpíada que servirá de clausura a estes cursos anuais. Será entre as 10.00 e as 13.30 horas.

Poden participar todos os nenos e nenas que queiran, aínda que non estivesen nas escolas deportivas. Hai que facelo entregando a ficha no colexio ou no concello de Xermade.

Etiquetas