Pol acolle unha charla sobre educación en igualdade

O Concello de Pol organiza unha actividade de educación en igualdade desde a familia dirixida a toda a poboación, que se realizará o día 28 de xuño de 2019.

Esta actividade, enmarcada no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ten por obxecto erradicar os estereotipos de xénero e previr a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade, traballar as emocións e a resolución pacífica de conflictos.

A charla estará impartida por Pilar Porral, experta en igualdade e directora de Coeduca e terá lugar o 28 ás 16.30 horas no centro Sociocultural de Mosteiro-Pol.

Etiquetas