Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Escolares de Pol contarán co espectáculo Valores da Maxia

Por 19 Xuño, 2019Sin comentarios

Os centros escolares de Foz, Pol e Antas de Ulla acollen esta semana a programación da Maxia dos Valores, que promove a Deputación. Trátase dun programa educativo innovador, un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto. Este mércores, dia 19 de xuño, haberá actuación no CEIP Numero 1 de Foz, ás 12:30 horas. O CEIP Rosalía de Pol acolle este espectáculo ás 12:00 horas do xoves, e a programación remata o venres día 21 de xuño no colexio de Antas de Ulla, ás 12:30 horas.

A Maxia dos Valores é un programa educativo innovador dirixido ao alumnado de infantil e primaria co que o Goberno da Deputación leva a colexios de toda a provincia un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto. Grazas as capacidades únicas da maxia, como son a capacidade de sorprender e emocionar, este espectáculo convertese nunha ferramenta educativa de gran calado entre os máis pequenos.

Este espectáculo xa percorreu os centros escolares de Paradela, Valadouro, Palas de Rei, Portomarín, Lourenzá, Alfoz, Meira, O Incio, Bóveda, A Pontenova, Fonsagrada, e Vilalba.