Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz prepara a chegada do verán coa celebración do San Xoán

Por 20 Xuño, 2019Sin comentarios

Un ano máis, o Concello de Guitiriz abrirá as celebracións do verán coas súas festas patronais na honra de San Xoán. Novamente a comisión de festas ten preparado un amplo programa que dará comezo o 21 de xuño, venres, cunha mexillonada no campo da festa, celebración aberta a todos os veciños.

O 22 comezarán as celebracións musicais coa primeira sesión vermú e verbena, que estarán a cargo da orquestra Nevada.

O domingo 23 será o día dedicado aos nenos. Os actos do día comezarán coa apertura da Feira de Artesanía que se ubicará na calle Deputación e que estará aberta durante toda a xornada.

Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne seguida da sesión vermú coa orquestra Compostela. Pola tarde haberá festa infantil, a partir das 18.00 horas, que se prolongará ata a hora da cea. Sobre ás 21.00 horas dará comezo a sardiñada no recinto feiral, acto previo á celebración da propia noite de San Xoán, xa que é a noite do lune.

Os veciños poderán gozar da tradicional fogata de San Xoán ao ritmo da música da orquestra Compostela.

O Día 24, festivo local e día grande, os actos arrincarán ás 10.00 horas con pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Guitiriz para deixar paso, ás 13.00 horas, á misa solemne, a procesión e á sesión vermú amenizada pola orquestra Principal, a mesma que acompañará á París de Noia durante a verbena.

O último día de celebración será o 25 de xuño que comezará tamén cos habituais pasarrúas a partir das 10.00 horas a cargo nesta ocasión da Escola Municipal de Gaitas.

Novamente haberá misa e procesión con sesión vermú a cargo de Ritmo Joven, a mesma orquestra porá o punto e final á festa na verbena da noite.