Xermade organiza entre xullo e agosto dúas semanas de campamentos de verán

O concello de Xermade pon en marcha un ano máis o campamento de verán para facilitar o acceso das nenas e nenos do termo municipal a un tempo e espacio de ocio e diversión. O fin é poder axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral neste período estival.

O campamento realizarase desde o luns 29 de xullo ata o venres 16 de agosto, en horario de 10:30 a 14:00 horas e con horario de “madrugadores” desde as 8:00 da mañá, se existe un número de familias que o soliciten. Os días das saídas o horario verase incrementado ata as 7:30 da tarde, aproximadamente.

As inscripcións faranse no Rexistro do concello (planta baixa), e o número de prazas é de 50. O prazo de solicitudes será desde o día 1 ao 12 de xullo. Non se recollerán inscripcións posteriores. No caso de ter máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un procedemento de baremación.

É un campemento subvencionado pola UE e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade. Esta actividade forma parte de Xermade Concilia, que inclúe os campamentos de entroido, verán e nadal 2018.

Etiquetas