O Concello de Meira saca a licitación as obras dos accesos a Piñeiro

O Concello de Meira vén de sacar a licitación as obras de mellora da accesibilidade no núcleo do Piñeiro. Trátase dun contrato para as obras de accesos, o primeiro de tres tramos e cunha lonxitude total de 1.431 metros e o segundo con 925 metros, ambos os dous cun aglomerado irregular froito das inclemencias meteorolóxicas e o paso do tempo.

O prezo de licitación son 46.383 euros que se abonarán á empresa contratada con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Ten como prazo de execución dous meses a partir do inicio da obra.

Etiquetas