Skip to main content
AbadínActualidade

Tres parroquias de Abadín honran esta fin de semana a San Xoán

Por 21 Xuño, 2019Sin comentarios

O sábado 22 de xuño, comezán as festas na honra de San Xoán na parroquia de Castromaior de Abadín. Ás 13:30 horas dará comezo a misa solemne e a continuación o grupo Kalima 3.0 animará a sesión vermú e chegada a noite a verbena xunto á formación Atrévete. O domingo 23, ás 13:30 horas, oficiarase a misa solemne. A sesión vermú deste día estará a cargo dos grupos A.C. Osorio Gutiérrez e Platinum.

Tamén na parroquia de Vilarente celebrarán o San Xoán. Os asistentes a estas xornadas festivas poderán participar nos actos relixiosos todos os días ás 13:30 horas, seguidos das sesións vermús. Darán comezo o día 21 cunha churrascada e despois poderase gozar coas actuacións musicais das orquestas Estrellamar e Gran Parada o día 22 de xuño, e do grupo Fénix que actuará o domingo 23.

A parroquia de Romariz, tamén honrará a San Xoán coas mias solemnes oficiadas os días 22 e 23 ás 13:30 horas, seguidas das sesións vermús. Tamén terán verbenas amenizadas por Alameda e Lucía Pérez o sábado; e o domingo o trío Estrellamar.