Vilalba celebra o San Xoán

A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán celebración un ano máis as festas na honra do seu patrón.

A celebración dará comezo o propio sábado 22 co concerto do grupo Malditos Pendejos, conxunto que versiona o rock dos anos 80.

O domingo a programación arrincará ás 18.30 coa actuación da Coral Mato Vizoso para seguir co teatro de títeres do grupo Mircromina.

Este ano, o pregón das festas estará a cargo de Baruk Domínguez e terá lugar ás 23.00 horas, antes da actuación da escola de teatro de Vilalba Meigas e do acendido das fogueiras, media hora antes da medianoite, momento no que terá lugar o concerto do grupo Superglue, que versiona temas pop dos anos 90.

Paralelamente, celebrarase un concurso de decoración floral de fachadas e balcóns, con cen euros de premio á mellor fachada, premio concedido polo Concello de Vilalba. Tamén distinguirase con 50 euros ao que teña mellores adornos florais.

Etiquetas