Skip to main content
ActualidadeXermade

As mulleres rurais de Momán organiza unha festa para os nenos o día 8

Por 23 Xuño, 2019Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais Saudade de Momán celebrará o 6 de xullo a quinta edición da Festa dos nenos, unha gran celebración na que poderán participar todos aqueles que o desexen.

A festa, que dará comezo ás 16.00 horas no campo de fútbol da Veiga, en Momán, contará con inchables, globoflexia, pintacaras, pinchos, xogos, photocoll, merenda e outras sorpresas. O prazo forte da celebración será a festa da escuma, para a que se aconsella levar roupa de muda e unha toalla.

Os interesados en participar deberán facelo antes do 1 de xullo nos teléfonos 645 028 575 (Mónica) e 618 557 160 (Ana).

A festa terá un custe de 5 euros para os fillos das socias e de 7 para sobriños ou netos. O resto de nenos deberán abonar dez euros.