Vilalba contará con campamentos de verán 2019 para os meses de xullo e agosto

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Vilalba anuncia os campamentos de verán 2019 para os meses de xullo e agosto.

O obxectivo é facilitar ás familias a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, ademais de ocupar de forma activa e educativa o tempo de lecer dos máis pequenos e pequenas. Estes campamentos están dirixidos a persoas nadas entre os anos 2007 e 2014, dividindo dúas quendas de 70 prazas cada unha: o primeiro desde o 8 ata o 26 de xullo e o segundo desde o 29 de xullo ata o 16 de agosto, en horario de 9:00h a 14:00h (agás algunhas saídas e excursións puntuais que se poderán prolongar ata as 17:00h).

O programa de actividades está adaptado a estas idades, compoñéndose principalmente de obradoiros, manualidades, actividades deportivas, culturais, excursións, actividades acuáticas, de animación ou recreativas.

O período de inscrición para os campamentos estará aberto desde o 24 de xuño ata o 3 de xullo de 2019.

Etiquetas