Aberto o prazo de inscripción nos cursos de vela de verán das Pontes

Xa está aberto o prazo de inscripción nos cursos de vela de verán do Club de Vela Fluvial As Pontes, que a partir do vindeiro luns 1 de xullo se impartirán no lago de As Pontes.

Como ven sendo habitual os cursos de vela estarán abertos a nenos a partir de 7 anos e adultos, que poderán aprender a navegar ou mellorar a súa técnica nas diferentes embarcacións que pon a disposición o club.

Os cursos volverán a desenvolverse no Lago de As Pontes, en quenda a escoller ben de mañá de 10:00 a 14:00 horas; ou ben de tarde de 16:00 a 20:00.

Terán unha duración de 20 horas, repartidas semanalmente de luns a venres.

O importe dos cursos será de 66 euros, é dicir, 50 euros de matrícula e 16 euros de licenza federativa que inclúe o seguro do alumno.

Para máis información e inscripcións haberá que escribir un email a clubdevelafluvialaspontes@gmail.com, ou ben chamar ao 639 608 128, ou pasarse pola caseta do Club de Vela Fluvial As Pontes no Lago das Pontes.

Etiquetas