Abre a piscina de verán de Riotorto

O Concello de Riotorto abriu a pasada fin de semana as instalacións da piscina municipal, que se manterán activas ata os primeiros días de setembro sempre que o tempo o permita. O horario de uso será de 12.00 a 21.00 horas de luns a domingo. As instalacións sufriron un proceso de limpeza e mantemento antes da súa apertura, que coincidiu coa celebracións das festas.

Etiquetas