Convocada unha nova edición do certame Xermade na historia

O Concello de Xermade, a Asociación de Veciños de Cabreiros e a Facultade de CC. da Educación da USC convocan a VI Premio de Investigación Xermade na Historia.

Esta actividade ten a finalidade de promover e poñer en valor as tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, e todo aquilo que conforma a historia do municipio xermadés. O prazo para presentar os traballos está aberto ata o 15 de febreiro do 2020. Os interesados en participar poden atopar máis información en www.xermade.org.

Dende o Concello convidan a todos os lucenses a participar e presentar os seus traballos para esta sexta edición. 

Ao igual que as edicións pasadas, nesta, o primeiro premio estará dotado con 2.000 euros mentres que o segundo será de 1.000. Na primeira edición presentáronse 6 traballos, dos que foron premiados dous, aínda que houbo unha mención especial a un terceiro. Na segunda edición presentáronse dous traballos e os dous foron galardoados e o mesmo pasou na terceira edición. Pero que só haxa dous traballos presentados non significa que ambos os dous vaian a ser os gañadores, xa que, se non reúnen os criterios necesarios non serán premiados, e así foi na pasada edición, que se declarou deserto xa que a calidade dos traballos non foi a desexada polo xurado.

Etiquetas