Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A subdelegada do Goberno e o xefe de Tráfico reúnense coa alcaldesa de Guitiriz

Por 9 Xullo, 2019Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, reuníronse coa nova alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, coa que trataron sobre a colaboración das dúas administración para mellorar a seguridade viaria coa participación municipal nas iniciativas que desenvolve a DXT.

Na primeira xuntanza que mantivo a subdelegada coa nova alcaldesa de Guitiriz, falouse, entre outros asuntos, da posible implicación do Concello de Guitiriz en campañas de concienciación de peóns, ciclistas e automobilistas para evitar as distraccións polo uso de teléfonos móbiles e para fomentar as medidas de protección dos usuarios máis vulnerables, como son os peóns e os ciclistas.

O xefe provincial de Tráfico levará a cabo nas próximas semanas una serie de reunións con alcaldes da provincia para informar aos concellos das posibles colaboracións coa DXT. Con este motivo, ademais de Guitiriz xa mantivo reunións coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e hoxe tamén se entrevistou co rexedor de Sarria, Claudio Garrido.