Skip to main content
Actualidade

O torneo XXIII Torneo de Tenis das Pontes será do 14 ao 19 de xullo

Por 10 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello das Pontes, a través da área de Deporte e Xuventude,  deseñou un programa de actividades deportivas para celebrar as festas patronais.

Así, o torneo XXIII Torneo de Tenis será do 14 ao 19 de xullo, e contará coas categorías alevín, infantil, cadete e absoluto, todas elas con masculina e feminina.

A cuota de inscrición será de 10 euros por xogador en categorías alevín, infantil e cadete. 12 euros serán para os xogadores en categorías sénior fase previa e 15 euros para a fase final. Os xogadores do Concello das Pontes abonarán só o 50% da inscrición.

Haberá trofeo Sargadelos ao campión e subcampión, e un trofeo aos de alevín, infantil e cadete.