Detida cando pretendía introducir droga na cárcel de Bonxe

A Garda Civil detivo en Outeiro de Rei, a unha veciña de Lugo de 67 anos de idade acusada dun delito de tráfico de drogas.

Os feitos ocorreron cando a presunta autora, nunha visita autorizada a un familiar seu que presta condena no centro penal de Bonxe, pretendía introducir supostas substancias estupefacientes que portaba ocultas na súa roupa interior.

Unha vez detida, a muller fixo entrega voluntaria de 25 gramos dunha substancia, supostamente hachis, e de 15 pastillas de cor branca supostamente da familia das benzodiacepinas.

A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución nº uno dos de Lugo.

Etiquetas