O Perruquería Mixta Friol disputará o Trofeo Concello de Friol en agosto

O Perruquería Mixta Friol disputará o 18 de agosto a VII edición do Trofeo Concello de Friol de Fútbol fronte ao CD Parquesol, equipo que realizará a única saída da tempada para xogar este prestixioso trofeo en Friol.

Este partido promete ser moi atractivo para o espectador xa que os dous compartirán este ano categoría e grupo.

O encontro atópase dentro do calendario de pretemporada do conxunto feminino que este ano xogará en Primeira B. Terá lugar o domingo 18 de agosto, ás 18.00 horas no campo da Reigosa.

Etiquetas