Destinados 900.000 euros para a reforma do centro Santo Anxo

Destinados 1,1 millóns de euros procedentes do superávit autonómico de 2018 a mellorar e modernizar instalacións de servizos sociais da comarca de Lugo. Estas actuacións forman parte do plan de obras da Consellería de Política Social, que ten como finalidade aumentar o confort e benestar das persoas usuarias dos centros públicos de servizos sociais, así como incrementar a eficiencia enerxética dos mesmos.

A intervención de maior calado é a reforma integral do centro de menores de Santo Anxo da Garda, emprazado en Rábade. Os traballos, que teñen un orzamento de máis de 900.000 euros, consistirán na renovación da envolvente exterior da edificación, así como a mellora das aulas, habitacións e demais instalacións. Ademais de mellorar a comodidade dos residentes, visitantes e persoal do centro, os traballos aumentarán  a eficiencia enerxética, algo que beneficiará ao medio ambiente e permitirá reducir o gasto necesario para manter o inmoble a unha temperatura óptima.Ademais disto, tamén se poñerán en marcha actuación de renovación nas instalacións dos centros sociocomunitarios da provincia lucense. A estas obras dedicaranse 200.000 euros do programa que desenvolverá a Xunta de Galicia.
En total serán 7 os servicios que se beneficiarán deste plan de obras. Ademais dos citados anteriormente, tamén se acometerá unha reforma integral no Centro de Atención a Persoas con Dicapacidade (CAPD) de Sarria; renovaranse as residencias de maiores de Monforte de Lemos, Burela e Viveiro e realizaranse melloras no campamento xuvenil de A Devesa, en Ribadeo. Nesta provincia, o Goberno galego investirá 2,5 millóns de euros ao abeiro deste programa.

No conxunto de Galicia hai proxectadas intervencións  de reforma e modernización en 34 centros de benestar social, por un montante global de 13,7 millóns de euros e que beneficiarán ás máis de 50.000 persoas que son usuarias dos mesmos. A previsión é que as obras comecen neste 2019, aínda que as de maior calado poderían rematarse no próximo 2020.

Etiquetas