O sábado 20, Begonte organizará a VII Ruta Cabalar

Xinetes de varias partes de Galicia realizarán o sábado 20 por Begonte a VII edición da ruta cabalar organizada pola asociación Cabaleiros de Begonte.

Esta actividade comezará ás 17:00 horas co percorrido a cabalo e farase unha parada para repoñer forzas. Para despois, ás 22.30 horas poder cear e defrutar da xornada de festa que estaráamenizada polo Trío Karma. Para está cea haberá que anotarse previamente, e ten un prezo de 20 euros por persoa.

Contarase cun servizo veterinario e ferrador durante a toda a ruta. Haberá agasallos e un sorteo.

Para anotarse, é preciso facelo antes do día 19 de xullo nos seguintes números de contacto: 606 952 573 – 616 664 877 e 625 317 295.

Etiquetas