Incorporacións e renovacións para a nova tempada do Vilalba F.S

Juan Manuel Rivero Fernández (Sarria, 1992) é a segunda incorporación do Vilalba F.S. para a tempada 2019-2020. O equipo vilalbés incorpora a un porteiro de garantías con gran experiencia. Ven a ocupar o posto que deixa Carlos Areñas e acompañará na posición de porteiro a Iago Amarelo e o xuvenil Tini. 

Iniciouse no fútbol sala nas categorías inferiores do Prone Lugo ata o ano 2009. Logo pasou ao Muebles Caloto, no que xogou en 1a B e 1a A ata o ano 2012. Posteriormente estivo no Hotel Roma e Peña Españolista de Sarria en Autonómica Norte e no ano 2016 deu o salto á Segunda División co Prone Lugo. Ao seguinte ano incorporouse ao Ribeira F.S. e a tempada pasada xogou no C.P. Casás na Terceira División. 

Ademais, renovou a outros tres xogadores para a tempada 2019/2020. Trátase dos canteiráns Antón, Xosé e Nuno, os dous primeiros remataron a súa etapa xuvenil e pasarán ao primeiro equipo no que Antón xa era un habitual. Nuno cumprirá a terceira tempada no equipo. 

Etiquetas