Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Comeza en Guitiriz o tradicional curso de verán da USC

Por 18 Xullo, 2019Sin comentarios

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, participou na inauguración da 12ª Edición do Curso Turismo e Paisaxe organizado pola USC e o Concello de Guitiriz, co apoio do executivo provincial. O acto tivo lugar na Casa Habanera de Guitiriz e tamén estiveron presentes a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira Morandeira, a vicerreitora de Coordinación da Universidade de Santiago de Compostela, Montserrat Valcárcel Armesto, o director do curso, Roxelio Pérez Moreira, e outras autoridades. O curso, que este ano céntrase nas paisaxes do mar, conta con 60 inscritos.

Vidal Baamonde destacou “o bo facer dos organizadores do curso, que levan 12 anos poñendo en valor as nosas paisaxes, un recurso turístico que é necesario protexer e preservar, ao tempo que ofrecen contidos de interese tanto para especialistas como para o público en xeral algo que se reflicte no éxito de asistencia, récord dos cursos de verán do Campus de Lugo, chegando aos 60”.

A Paisaxe da Mar, somerxerá aos participantes no coñecemento pluridisciplinar da costa galega, unha fonte de riqueza biolóxica e económica a través de 3 eixos: Vecindade trata das paisaxes do litoral, da costa galega e as súas vilas; Profundidade que versará sobre as paisaxes do mar, incluído os submarinos e por último Inmensidade alude aos valores éticos e estéticos da conservación do mar e da paisaxe. Ao remate de cada xornada haberá unha proxección audiovisual, así como unha exposición fotográfica. O alumnado realizará ademais un roteiro polo Concello de Guitiriz e a observación de ceos nocturnos.