Os capitáns sénior do Vilalba FS deixan o equipo

A capitana do equipo sénior feminino, Sabela Roca, e o capitán do equipo sénior masculino, Roberto Freire, deixan o Vilalba F.S.

Sabela deixa o equipo vilalbés para dar un salto de categoría, o seu novo equipo será A Fervenza F.S. de Segunda División, pero fará a pretemporada co Pescados Rubén Burela F.S. de Primeira División e actual campión da Copa da
Raíña.

Freire adicarase en pleno a adestrar nas categorías inferiores do Rácing Club Villalbés e ao CD Santaballés de Primeira Rexional.

O Vilalba F.S. agarda que non sexa un adeus si non un ata pronto e agradécelles aos dous todo o traballo e esforzo realizado durante estes anos e deséxalles o maior dos éxitos nas súas vidas persoais e profesionais

Etiquetas