Skip to main content
ActualidadeVilalba

A comisión ofrece un esbozo do que serán as festas de Vilalba deste ano

Por 20 Xullo, 2019Sin comentarios

A Comisión organizadora das Festas de Vilalba fixo público xa o cartel das festas, no que figuran os primncipais actos da programación.

Nesta ocasión as festas darán comezo o día 21 de agosto e rematarán o 8 de setembro.

As celebracións arrincarán coa tradición xira da Terceira Idade, que contará coa animación musical do Dúo Eclipse e Acirema.

A xira terá a súa continuidade o sábado e domingo 24 e 25 coa actuació nde Fin de Siglo e Brujas o primeiro día e Noche de Estrellas o segundo.

Novamente haberá Día da Bicicleta, nesta ocasión xoves 29 de agosto ao mesmo tempo que está reservada a actuación de Sintonía de Sancovade.

O 30 de agosto será o día adicado á Cultura coa entrega de premios do XLIV Certame Literario e a convocatoria da seguinte edición. Ademais, o apartado musical estará protagonizado por París de Noia e Dúo Estrellas.

O día grande será o 31 de agosto, sábado, xornada dedicada a San Ramón, que contará coas orquestras Marbella e La OcaBand. Completa a fin de semana o día para Santa María, no que destaca a actuación de Los Satélites e Miramar.

O xoves 5 a comisión ten reservada unha das actuacións estrela da programación, El Combo Dominicano, que estará acompañado por Claxxon.

O sábado 7 vivirase unha xroanda especial, unha festa dos anos 90 e 2000 no que destaca a orquestra Principal así como os Dj’s Zalo, Marcos Peón e Frisco.

Rematarán as celebracións o domingo 8 coa feira ae a atuación de dúas grandes orquestras, Pontevedra e New York.

A programación contara tamén coa súa tradicional festa infantil e outras sorpresas, que serán aclaradas pola comisión en próximas datas.

A comisión anunciou que se poñerán á venda rifas para recaudar fondos, a un prezo de dez euros.