Cova da Serpe organiza unha nova edición da Ruta BTTeiros o 7 de setembro

O Club Btteiros Cova da Serpe, coa debida autorización da Federación Galega de Ciclismo, e de acordo co Regulamento Xeral de Cicloturismo, organiza a V Ruta Btteiros Cova da Serpe Guitiriz o sábado 7 de setembro de 2019, con saída e chegada na praza do Campo da Feira de Guitiriz. A saída darase as 09:00 horas.

As inscripcións, que deben facerse a través da web de championchipnorte.com, xa está aberta e poderá facerse ata o día 31 de agosto ou cando se acade o total de inscritos que é de 250 inscritos.

Nesta cita deportiva podreán participar todo ciclista maior de 15 anos en posesión da licenza válida da Real Federación Española de Ciclismo.

Hai 3 distancias para facer o percorrido, de 37 quilómetros, de 53 e de 72, esta última só para deportistas con experiencia. A ruta estará debidamente sinalizada, agás para os da ruta extrema, que será só por GPS.

A proba terá un custe de 12 euros para ciclistas federados e de 22 para non federados. Ademais, haberá un xantar, a un prezo de 14 euros, ao que poderán sumarse tanto ciclistas como acompañantes.

Etiquetas