Aprobadas en Castro de Rei dúas iniciativas socialistas

O Pleno do Concello de Castro de Rei aprobou por unanimidade dúas propostas do grupo municipal socialista. A primeira proposta incluía dotar de quitamedos unha ponte na Azúmara e repoñer e dotar de varandas as fontes de Samesugueiras e Ramil respectivamente.

A outra moción consistía na construción dunha rampa de acceso ao centro cultural Xosé Manuel Carballo. Esta última quedou aprobada pero pendente dun estudo para ver si se poñe ascensor ou rampa.

Por outra banda, estanse a facer labores de aglomerado por parte da Diputación Provincial nas estradas de Dunpín e San Xillao, obras aprobadas polo anterior equipo de goberno provincial.

Etiquetas