Santiago de Gaioso está de festa xoves e venres

A parroquia de Santiago de Gaioso, en Outeiro de Rei, celebra este xoves e venres as súas festas na honra ao seu patrón, Santiago Apóstol.

As celebracións darán comezo o xoves 25 coa misa solemene, ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Miramar, a mesma que se fará cargo da verbena durante a noite.

O venres, tralo oficio relixioso, á mesma hora, a orquestra Compostela encargase da sesión vermú e posteriormente da verbena.

Etiquetas