Pacios, en Begonte, estará de festa desde o venres

A parroquia de Pacios, en Begonte, celebra as súas festas patronais na honra a San Martiño entre o 26 e o 28 de xullo.

A celebración dará comezo o venres 26 pola noite cunha lixcada popular que estará amenizada pola orquestra Xacobeo.

Xa o sábado haberá misa e procesión sobre as 13.30 horas, ao que seguirá a sesión vermú a cargo de Noche de Estrellas. Pola noite este mesmo grupo e La Favorita encargaranse da verbena.

O domingo repetiranse os oficios relixiosos á mesma hora rematando a programación da mañá coa sesión vermú con Huracán. Pola noite esta mesma orquestra tocará na verbena xunto a New York.

Etiquetas