Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vixil, en Boizán, está de festa esta fin de semana

Por 1 Agosto, 2019Sin comentarios

Vixil, na parroquia vilalbesa de Boizán celebrará as súas festas patronais a primeira fin de semana de agosto na honra da Virxe das Neves e San Roque.

As festas darán comezo o venres cunha liscada gratis para todos os veciños e colaboradores dos festexos a cargo do dúo Pedriñas.

O sábado 2 haberá misa e procesión para mañá no seu horario habitual das 13.00 horas. No apartado musical o grupo Planet se encargará da sesión vermú e da verbena, na que tamén actuará a cantante asturiana Mercedes Ben Salah.

O domingo 3 repetiranse as celebracións relixiosas pero a partir das 13.30 horas para seguir coa sesión vermú coa orquestra Alabama Show. Este mesmo grupo se ocupará da verbena pola noite.